Web Content Display

Accións > Campaña cidadá

Web Content Display

Campaña de recollida de residuos eléctricos e electrónicos (RAEE)

A Deputación de Pontevedra desenvolve unha campaña de sensibilización e recollida dos RAEE co obxectivo de animar as veciñas e os veciños a coñecer máis sobre este tipo de residuos e de lles dar ferramentas para a súa correcta separación.

Para iso a Deputación instalou 11 columnas informativas e caixas de recollida de diferentes materiais como teléfonos móbiles, pilas ou cargadores en cada un dos concellos cuxo punto limpo está adherido ao proxecto: A Guarda, A Lama, Gondomar, Bueu, Cangas, Moaña, Meaño, Nigrán, Ponteareas, Silleda e Vilagarcía de Arousa.

miniecopunto