Um modelo de cooperação transfronteiriça
A mellora da rede de ecocentros aos dous lados da fronteira supón unha clara aposta da Deputación de Pontevedra, os seus socios no proxecto ESTRAEE e os concellos participantes en Galicia e Portugal pola mellora da xestión dos residuos, o coidado do medio e unha economía circular e sostible.
As obras inclúen, entre outras actuacións, a construción de plataformas, a reparación de muros de molles de descarga e a renovación de sinalética para acadar un tránsito máis fluído e orientar a cidadanía para que se achegue a depositar os seus RAEE. Ademais das obras, a adecuación dos puntos limpos inclúe equipamentos para mellorar a seguridade, a capacidade de almacenaxe e a xestión e movemento de residuos.
A Deputación tamén conta coa cooperación dos concellos para a súa campaña de sensibilización e recollida. En todos os municipios participantes instalaranse, en recintos e dotacións de uso público, miniecopuntos compostos por tótems informativos e contedores para o depósito dalgúns dos dispositivos eléctricos mais habituais (móbiles e tabletas), ademais de cargadores e pilas.
Un correcto tratamento dos refugallos de aparellos electrónicos reduce emisións contaminantes, evita vertedoiros incontrolados e recupera materiais estratéxicos para novos usos ademais de xerar emprego verde a través da economía circular. Os concellos están implicados. Un sinxelo xesto pode axudar a coidar o planeta.
Pontevedra
- A Guarda
- A Lama
- Morrazo
- Gondomar
- Meaño
- Nigrán
- Ponteareas
- Silleda
- Vilagarcía
Portugal
- Maia
- Valongo
- Gondomar
- Matosinhos
- Porto e Silvade
- Espinho