Un proxecto innovador que coida o planeta e implica a cidadanía
Os beneficios de ESTRAEE abarcan desde a xestión eficaz dos residuos ata a economía circular, o emprego verde e a creación de sinerxías a ambos os dous lados da fronteira. Todo iso coa participación fundamental da cidadanía. Estes son os seus obxectivos:
-
Obxectivo 1
Impulsar o espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal e a xestión dos residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) implicando cidadanía, Administración local, fabricantes e produtores, a través dos Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SRAP), e xestores, no marco da normativa vixente, en España o Real decreto 110/2015 e en Portugal o Decreto lei 67/2014.
-
Obxectivo 2
Impulsar a economía circular de mercado de materias primas secundarias, especialmente as consideradas críticas pola súa importancia estratéxica para un modelo económico sostible.
-
Obxectivo 3
Promover a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a xeración de emprego verde, aquel que preserva ou restaura o medio ambiente.
-
Obxectivo 4
Mellorar a recollida e a xestión municipal dos residuos derivados de grandes electrodomésticos e equipos informáticos e de telecomunicacións en desuso.
-
Obxectivo 5
Mellorar as redes existentes de recollida de RAEE, potenciando as sinerxías entre as rexións limítrofes do norte de Portugal e Galicia.
-
Obxectivo 6
Caracterizar e comparar o impacto ambiental de diferentes procesos para a xestión de residuos de grandes electrodomésticos e equipos informáticos e de telecomunicacións.
-
Obxectivo 7
Demostrar que, a través da prevención, a preparación para a reutilización e unha adecuada separación na xestión dos residuos se poden resolver as problemáticas asociadas a outros RAEE..
-
Obxectivo 8
Sentar as bases para unha óptima reutilización de residuos de grandes electrodomésticos e de equipos informáticos e de telecomunicacións, escalable para a xestión doutros RAEE.
-
Obxectivo 9
Promover o uso eficiente dos recursos mediante a reciclaxe e outras formas de valoración dos RAEE.
-
Obxectivo 10
Xerar actividades e empregos que aumenten a eficiencia enerxética, reduzan os residuos e a contaminación, limiten a emisión de gases de efecto invernadoiro e contribúan a paralizar o cambio climático.
-
Obxectivo 11
Aumentar a concienciación cidadá sobre a necesidade dunha correcta xestión deste tipo de residuos polos altos beneficios que reporta para o coidado ambiental, a economía e a innovación.