Proxecto > Que é Estraee

Proxecto

Que é?

ESTRAEE é un proxecto europeo impulsado pola Deputación de Pontevedra, con socios de Galicia e Portugal, orientado a poñer en marcha unha estratexia sustentable transfronteiriza para reforzar a separación e correcta xestión dos residuos de aparellos electrónicos (RAEE) entre a cidadanía. Preténdese que estes refugallos se convertan en recursos que xeren novos materiais tras a súa vida útil (economía circular).

Actuacións

  • Adecuación de 18 puntos limpos distribuídos entre España e Portugal á Directiva RAEE (estudo, anteproxectos e execución de investimentos)
  • Definición dunha ordenanza tipo sobre xestión sustentable dos RAEE para Pontevedra (extrapolable ao norte de Portugal) que inclúa as mellores prácticas para cumprir a Directiva en materia de prerrecollida, recollida e preparación para a reutilización e a reciclaxe por parte dos municipios
  • Análise do ciclo de vida, comparando reciclaxe e reutilización de diferentes tipos de RAEE (lavadoras, lavalouzas, tabletas e smartphones etc.)
  • Implantación dunha bolsa de subproductos derivados dos RAEE e AEE reutilizables común para as dúas rexións

Principios horizontais:

A estratexia de UE para o desenvolvemento sustentable (COM 2001) e revisada no 2005 (COM 2005) establece un marco político para permitir o desenvolvemento sustentable e responde a necesidades do presente sen comprometer necesidades de xeracións futuras.

Principios básicos comúns ao proxecto son, entre outros:

  • Participación de cidadanía , empresas e interlocutores sociais
  • Principios de precaución e de "quen contamina, paga"

Un dos obxectivos é a xestión sustentable dos recursos naturais, evitando a súa sobreexplotación e aumentando a eficiencia da súa utilización.

Outro obxectivo é a limitación de riscos para a saúde pública. Antes do ano 2020 deberán eliminarse os riscos para a saúde e o medio ambiente debido a produtos químicos e desenvolver investigación sobre vínculos entre saúde e contaminantes ambientais.

ESTRAEE promove modos de produción e consumo máis sustentables en relación aos aparellos eléctricos e electrónicos e os residuos que xeran. A xestión sustentable de recursos contidos nos RAEE e a limitación de riscos para a saúde pública, ao normalizar a xestión de RAEE, contribúen ao desenvolvemento sustentable.

No documento de avaliación ambiental estratéxica de POCTEP maniféstase o seguinte:

"O Eixo 3 polariza o maior impacto potencial directo e indirecto sobre a situación ambiental na zona transfronteiriza luso-española.

No obxectivo temático 6 destaca polo carácter horizontal da súa posible repercusión o obxectivo específico:

"Uso eficiente dos recursos naturais. As medidas previstas en relación co incremento dos niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación contribúen a diminuír as presións sobre o ambiente derivadas da produción e do consumo dos recursos naturais, minorando os impactos ambientais relacionados co esgotamento dos recursos, a contaminación etc."

ESTRAEE ten como obxectivo específico o OE.6F e vai producir beneficios en todos os ámbitos ambientais.

Así, a execución do proxecto ESTRAEE farase sempre cumprindo o principio horizontal de igualdade entre homes e mulleres.

Co obxecto de propiciar un cambio de actitudes dos valores sociais asignados a mulleres e a homes no ámbito ambiental, dentro da actividade de comunicación inclúese un orzamento propio destinado a actuacións de igualdade de oportunidades e á realización de campañas de sensibilización dirixidas a modificar os roles e estereotipos que culturalmente se asignan en función do sexo das persoas.