O proxecto ESTRAEE

O proxecto europeo ESTRAEE, liderado pola Deputación de Pontevedra xunto a Energylab, Revertia, ERP e Lipor, emprega máis de dous millóns de euros para mellorar mediante obras, novos equipamentos, normativa e aplicacións, a reutilización e reciclaxe dos residuos de aparelllos eléctricos e electrónicos (denominados RAEE) en Galicia e o norte de Portugal.

ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do programa POCTEP, desenvólvese en nove ecocentros de España e nove de Portugal. O modelo aspira a converterse nun modelo en Europa da xestión responsable destes residuos.

A área de intervención do proxecto comprende, na provincia de Pontevedra, os concellos de A Guarda, A Lama, Mancomunidade do Morrazo, Gondomar, Meaño, Nigrán, Ponteareas, Silleda e Vilagarcía de Arousa. En Portugal desenvólvese en Cal, Custóias, Formiga, Moreira, Nogueria, Prelada, Sendim, Silvalde e Valongo.

mapa centros Estraee

Advanced-Content-List

TEN EN CONTA QUE…

Os gases contaminantes que emite un frigorífico sen reciclar equivalen ás emisións dun coche que viaxa 24 veces de Pontevedra a Madrid.

TEN EN CONTA QUE…

O chumbo presente nun aparello de TV usado pode contaminar a auga que abastece a Pontevedra.

TEN EN CONTA QUE…

A reciclaxe dun tubo fluorescente evita contaminar a auga que conteñen 20.000 botellas de 1,5 litros.

TEN EN CONTA QUE…

O vidro de pantallas e monitores vellos pódese transformar en vaixelas e asfaltos.

TEN EN CONTA QUE…

500 ordenadores vellos poden converterse en 2.000 metros de tubaxe de cobre

Actualidade

O proxecto ESTRAEE, nos medios

Advanced-Content-List

  • Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (ENERGYLAB)
  • European Recycling Platform-ERP SAS, sucursal en España
  • ERP Portugal (European Recycling Platform)
  • LIPOR-Serviço Intermunicipalizado de Gestão de Resíduos do Grande Porto
  • Revertia Reusing and Recycling